domingo, 28 de febrero de 2016

ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NA LEOTECA E AULAS.



ACTIVIDADES SISTEMÁTICAS


As actividades que levamos a cabo na bibioteca son moitas e moi variadas, algunhas están relacionadas co Proxecto como xa puidéchedes observar e outras non. Nombrarei a continuación algunhas das actividades levadas a cabo:

PUNTO DE PARTIDA: Todos facemos un acto inaugural na biblio cando abrimos as portas. Este ano foi o punto de partida do Proxecto.

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR:

Este ano quixemos felicitar a Leoteca cun vídeo moi especial.


FORMACIÓN DOS ENCARGAD@S DE 5º E 6º:

É moi importante formar aos voluntari@s que vas a colaborar na biblioteca, e motival@s , xa que a súa labor é moi importante e o deben saber para responsabilizarse. No noso centro , tócalles ser ecargad@s unha vez cada dúas semanas, e as funcións son:
  • Autoempréstimo.
  • Colocación das devolucións dos libros.
  • Zona de infantil: animar á lectura e colocar os libros.
  • Vixiancia da zona de ordenadores.
  • Vixiancia da audioteca.
Temos reunións con eles/as cada pouco tempo e tratamos de que colaboren nas decisións que se tome na biblio para certas cousas. Tamén levarán un premio ao final de curso pola súa colaboración.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Este ano conmemoramos esta data cun contacontos moi especial, co libro "Xela volveuse vampira" e fixemos unhas recomendacións de varios libros para traballar a igualdade.


EXPOSICIÓNS TEMPORAIS 

Outubro:Exposición de medo



E neste mes recomendamos cun tríptico as recomendacións de lectura do Samaín.


Novembro: O mes da ciencia


Actividade Mago Paco celebrando o mes da ciencia.


Decembro-Xaneiro: Libros de valores

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VOLVEN A PARTIR


E as libretas viaxeiras tamén!

E AS CAIXAS MÁXICAS SUBEN AS AULAS

Cada dous meses,as clases reciben unha caixa con libros para a biblioteca de aula. O obxectivo é que os nenos/as coñezan diferentes tipos de lecturas, novidades...

NAIS E PAIS DE CONTO

Esta iniciativa comezou xa hai dous anos, pero entre o alumnado "Un conto ao mes, na hora de ler". Esta actividade evolucionou e este ano temos os martes adicadoas as actuacións do alumnado hacia outro alumnado. Os mércores poden vir nais, pais ou familiares que conten algún conto, cancións, historias da vida...e a ser posible, acompañad@s dos seus fill@s .
O calendario está colgado no blogue para que ninguén se despiste.


ANIMACIÓN Á LECTURA: RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS POR PARTE DO ALUMNADO
A parte dos trípticos e as recomendación que colgamos frecuentemente no blogue da biblio, os nenos/as de 4º de EP teñen un "Bosque de dinosauros lectores", a través do cal fan recomendacións no blogue da aula.
Para ver os exmplos, pica na seguinte imaxe:

VISITAS DE AUTORES/AS CADA ANO
O curso pasado visitáronnos:
  • Contacontos de Kalandraka para EI e 1º e 2º de EP
  • Ledicia Costas polo seu libro " Escarlatina, a cociñeira defunta", que leron os de 5º e 6º de EP.Foi nomeada este ano premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
  • Video conferencia con Fran Alonso, autor do "O meu gato é un poeta", para 3º e 4º de EP.

  

DÍA DA PAZ


E tamén relacioamos o día da paz con DinosauRus


SEMANA DA POESÍA

                

BIBLIOTECAS AMIGAS



DÍA E SEMANAS DO LIBRO


E COLABORANDO CON CARBALLO
























DinosauRus: Fase de afondamento e análise.

DinosauRus: Fase de presentación e investigación.

miércoles, 24 de febrero de 2016

Vídeo de agradecemento polo Proxecto Rus entre Planetas.

Este foi o vídeo que elaboramos en agradecemento ao alumnado e as familias pola súa implicación no PDI Rus entre Plaetas.


domingo, 21 de febrero de 2016

Traballos galardaodos no II Concurso de Traballos por Proxectos (curso 2014/2015)

Velaquí a relación dos centros que resultaron recoñecidos no II Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH, no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares  (Lectura, Información, Aprendizaxe) para experiencias levadas a cabo durante o curso 2014/2015. 
Resultado de imagen de IMAGEN TRABAJO POR PROYECTOS